Fixo a licenciatura de Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Traballou ata a súa xubilación como Catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas da Coruña, do que foi directora en 2012.
Durante a década dos 80 foi a arqueóloga encargada das escavacións do castro de Borneiro.
En 2022 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega.



